Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta UE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta UE. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Irmáns gandeiros

Creo cuestionable a éxito que perseguides ca vosa acción reivindicativa, pero cómo non? a apoio.

Noticia na Voz de Galicia

 Me solidarizo con vos pero insisto en vos meteron nun calexón sin saída. I esto levo suliñando polo menos fai un decenio ante a incomprensión dos meus amigos e coñecidos. Vos ataron cortos, i eso unha/un galeg@ non se  deixa. Pero o mercado, isa prostituta, enganouvos. Seduce a calqueira. Sempre é rendible vender fume.

Porque foron os vendedores de complexos e caros sistemas de ordeño, os que venden inseminaciós, con millora xenética  incluída, cos que venden diversos aperos agrícolas e tractores de 15 millóns (é igual en pts ou €, é unha burrada). Esquencemos fixarnos na procedencia, eran marcas foráneas.

 Vendérovos soños envoltos nunha   lingoaxe técnica e vos entregastes a sabidoría milenaria da nosa cultura popular  labrega. Desprezastes a rubia galega mentres mercabais  no estranxeiro charolesas, Holstein, frisonas. Vacas que producen 10 veces  mais ca nosas, pero como dicía  a miña nai dunha leite que non se pode comparar. É a miña nai non ten carreira, ten lóxica. I eso abonda. A paisaxe mutou nestes anos...para peor. Aínda paro o coche cando vexo pastando a unhas vacas rubias....qué espectáculo!.

Pero esta situazón non interfería ca miña ledicia cando durante a miña vida laboral activa me invitábais ufanos a sentarme na cociña a beber algo, e sempre insistíais en que había baño e todo· Eu tiven que deixar de ir a miña aldea porque a miña nai non podía porse en crequenas   na corte para o seu alivio. I eso -esa nova sensación- aledábame. Pero o tempo entristecíame. Non veía bos cimentos, éstos baseábanse no baixo prezo do penso composto, e io prezo que daquelas pagaban pola leite. Daquelas. E a xente hipotecábase por decenios, i esto a mín, soábame a cousa desacougante, incerta, que podía xerar unha esaxerada dosis de ansiedade vital, como así se está rebelando.

Cando a ún llle propoñen un negocio tan evidente non debíamos ter vergoña de   desconfiar, eso tan galego. Debiamos decir: "faino tí" De feito bastoulles subir o prezo do penso e baixar as industrias _-maiormente estranxeiras, da misma área dos que nos vendían o progreso en forma dos mais sofisticados e caros aperos- o prezo da leite...e xa está escarllado o inxenio. Xa estamos os pés dos cabalos. A UE foi cómplice, subvencionando peches das explotaciós. E nós pensábamos que eran parvos.


Xa é tarde para debatir, demasiado tarde para enderezar o rego.  E certo que sempre mantiven unha postura que moitos amigos chamaban recalcitrante pero non era tal. Eu sóo quería por o meu coñecemento a disposición do benestar da miña terra e das súas xentes...examinando os cimentos do feito, a veracidade do discurso. Partindo do axioma de que naide da nada. Impepinablemente naide da nada a cambio de nada. Estábamos a ser invadidos e nos pensábamos na morea de beneficios que íamos atesourar.

E qué podía saber un de letras?. Eu sóo sabía que no século XVII e XVIII a povoación rural inglesa pasou do 60 o 5% co gallo da Primeira Revolución Industrial. Para compensar deulles en provisionar o mercado de productos agricolas con cousas traídas de Holanda, que pronto se especializou en satisfacer ista demanda. Volvendo aquí, estranábame que eles foran a colaborar no noso espertar económico, cousa que levemos agardando desde os tempos de Breogán. Eles nos animaban a meternos nun negocio no que eles nos levaban 200 anos de vantaxe. A cousa soaba a fodenda. A mín isto chocábame, por lóxica.

Non comparto co economista-galeguista de referencia, X M  Beiras  o seu punto de vista do particular, como é evidente. Estou certo que él verá o problema doutro xeito. Pero botamos en falla daquela a voz desa élite intelectual e política que debía por a xente en alerta, ... salvo que eles tamén foran comprados, como os dirixentes políticos daquela.

Sei que é un dessbarre, pero é a única cousa que se me ocorre. Dóeme Galiza.

Pero si vos credes que isto vai valer para algo....alá vos (engadido  o 8 Dic).