Vistas de página en total

lunes, 23 de julio de 2007

Día da Patria

Cóstame escribir este post. Case diríame dóeme, pero é o que hai. Hoxe mismo Isaac Diaz Pardo esplica na prensa: "a sociedade galega e consumista. Como todas. E o que hai". I e que eu cría co meu pais -ou patria- tiña o seu sustento nunha raza de homes e mulleres especiais. Ou mais ben que tiñan unha visión especial do mundo. Foron sen dúbida heroes de lenda os nosos avós que nacendo no auténtico medievo miserento pasaron sin transición o mundo opulento das estabulaciós de centos de vacas frisonas, investimento financiado pola nosa banca. I eu que son un galego "irremediablemente inadaptado" como fai anos describira Xaime Noguerol. Reivindico o utópico porque para mín esa é unha maneira de ser galego.

Creo ca nosa clase política nos está a hipotecar o futuro. Qué non me veñan con patrias. Xusto dende o momento socialista i eufórico en que todo se vendía. Pero vendimos a nosa ialma. Ou no la venderon. Teño que recordar o meu pai o seu conto que remataba co dito "listo coma a teipa que cambiou os ollos polo rabo". Vendimos o noso sector productivo, a nosa xenética dunhas vaquiñas que serían malas pero levaban con nós séculos (das cales teño bebido leite de pequeno directamente saído dos seus ubres). Vendimos o horizonte dos nosos máxicos montes as enerxías alternativas que encheron todo de muíños. E a banca seguía a enriquecerse. Vendemos os nósos mariñeiros metendoos nun lodazal de convenios internacionais de onde sempre saímos fodidos. Vendemos todo e agora me vides falando de Patria?. Cal é a diferenza desta patria se hai Carrefours igualiños cos de Mérida, de Zaragoza ou de Ceuta?, si os nosos comerciantes tiveron que cerrar ante a desleal competencia das franquicias, entes xeralmente internacionais que chegan a enmerdar o pouco que temos noso: Zara Home, que non é Zara home senon Zara da casa. Eu vexo o suicidio colectivo que ven tras os millóns que imos cobrar por deixar de producir leite. Andamos a vender todo. E eiqui vemos como o capital é o que manda, como sempre foi. Non é nada novo. Pero esta xentiña fai nada nomeábase socialista. Tamén Napoleón se decía revolucionario ata que chegou o poder, enton dixo aquelo de: "la Revolución soy yo". Pero eu protesto ainda que sei que é inutil. Pero aproveito para ergotizar que, consecuencia do antedito eu non os recoñezo como pais -que é o que ven a ser "patres"-. Eles comportanse como amos. É, como é obvio sin patres non hai patria que valga.

Con qué queren construir o país? Qué empresas son nosas? Cal é o noso PIB? Qué lugar ocupamos en renta per cápita en España? No fondo eles tamen pecan de utópicos, fanse os longis ante estas preguntas mentras merendan a nosa conta polo que non sinten vergoña. Falaba antes do medievo que non quero que volva mais estamos volvedo sen decatarnos a él.

Para rematar reproduzco agora un pouco de Flaubert -home sen dúbida mais intelixente ca min- que ven o caso:

"Por lo que se refiere a la idea de patria, es decir, una determinada porción de terreno dibujada en el mapa y separada de las demás por una linea azul o roja ¡no!. Para mi la patria es el país que quiero, es decir, el pais con el que sueño, aquel en que me encuentro a gusto(...)".

Tamén dí:

"Soy capaz de entender lo que significaba (la patria) para los griegos, que no tenían más que su ciudad; para los salvajes a los que acosan en su selva; para los árabes, perseguidos hasta el interior de sus tiendas. Pero nosotros, ¿acaso no nos sentimos en el fondo tan chinos como ingleses o franceses?. ¿No vuelan hacia el extranjero todos nuestros sueños?.....La patria es la tierra, es el universo, son las estrellas, es el aire, es el propio pensamiento, es decir, lo infinito dentro de nuestro pecho".

Isto é o que penso o dia anterior o de Santiago.

No hay comentarios:

Publicar un comentario