Vistas de página en total

jueves, 28 de febrero de 2008

O debate en San Francisco

Seguindo o sabido guión da sociedade do espectáculo, sóo pasaron uns días e se repetiu o enfrentamento entre Epi e Blas -perdón Rajoy e Zapatero-. Repetiuse exclusivamente polo feito de que tuvo unha cuota de pantalla histórica - cousa bastante cotián-. Pero disculpen non vou falar deso que é un camiño a ningures. Pasando de certos aspectos técnicos-máxicos-taumatúrxicos sobre o decorado e sobre a manifestación de que somos un povo de matemáticos e físicos polo que estaba controlado todo: os graos de temperatura que había no estudio, as veces que podían ir o sevizo os debatentes- previa pregunta al moderador coa mao alzada-, e outras mixiricadas que por entrar no estrictamente persoal non as considero interesantes para o público. Decir, iso sí, que o que menos mexou aquel día foi o candidato do PP, o cal foi interpretado polos druídas analistas como resto dun acto reflexo de infravaloración Freudiana. A duascentas chegaron as ventosidades intestinais do conxunto coral. Correspondendo a cada ún un correcto 33%.

Pero tamén vou abandonar iste camiño. Pasando do feito intranscendente de que ningún dos deliberantes presentanse de feito como candidato, en cuia capacidade dialéctica non deben confiar moito polo as direcciós políticas dos correspondentes partidos puxeron en vangarda os primeiros espadas. Decía que pasando dese detalliño sóo entendín as verbas DO Quintana (que seguro que se fará merecedor desta preposición que antes se lle reservaba O Beiras). Só él falaba das súas propostas para iste país. As cales podense suscribir ou non. Touriño e Feixoo pugnaban por facer prevalecer as sentencias que defenden os seus respetivos partidos en Madrí. Aínda que tanto ún coma o outro insisten en que representan o PPG e o PSOE de G. Informoume un amigo que a G é Galicia. É unha letra pero algo é algo. Por algo se empeza. Pero o que quedou claro no debate é que o ser galegos e para eles un feito periférico-accidental.

O día seguinte oínno na SER e corroborei o mesmo. Acertadamente ou non é o único que fala de que é necesario plantexar as nosas reivindicaciós en Madrí -conscentes que alí está a sede do Goberno Central-, pois ainda que berremos dende aquí, non nos oien (Ave, infraestructuras diversas e necesarias, políticas agro-gandeiras,políticas asistenciales...)

Cecais ista vez vote. E pensando nesto en Babia vinme abducido por unha muchedumbre que sin respetar a miña autoridad me introduxo a altura da Praza de Sta María nunha carpa, onde rápidamente pillei unha cadeira e senteime. Eu teño moitas disparidades co Bloque, pero desta volta vexo importante facer causa común ca xente que fala dun xeito "conglomerado".

Pero si tí que les isto eres habitual neste blog sabrás que eu teño un punto febre, como aquel Aquiles. A mín que non me toquen os romanos. Por iso agradecín que o bo orador Quintana pasara dunha volta da incerta herdanza celta,e retomara a cousa - noutros tempos patrimonio exclusivo da direita - LATINA. E Anxo invocou a cultura que a mín sempre me cegará -o seu brilo-. Sí, onte en Lugo Quintana invocou os do lacio. Bueno mais ou menos. No Lacio non eran todos -salvo en época de Cómodo- gladiadores. Pero Quintana evocou o seu berro antes de enfrentarse a morte: "Forza e Honor". Que non teñen por que ser conceptos de direitas. Quedándome con isto e ca vivacidad e o nervio de Paz Abraira, creo co día 9 madrugarei. Creo neles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario