Vistas de página en total

martes, 10 de febrero de 2009

Se rumorea que...

Hoxe, 9 de Febreiro, dí a prensa local co PP perdería dous escanos que irían un po BNG e outro para o PSOE nas vindeiras elecciós de Marzo. Eu me alegro por Paz Abraira. Pero teño algunha dúbida respecto a quen debe presidir o Goberno. Creo que éste e o sitio idóneo para cuestionar unha lei da democracia: os pactos. Porque o PP, pesia a perder dous escanos supera en dez a forza opositora mais votada. I eu, que son a miña maneira, cada vez vexo o termo pacto mais preto da componenda, do contubernio..no cal o pobo segue a estar inerme. Cousa en que se poñen dacordo direitas i esquerdas.


Primeiro quero solidarizarme cos xoves que se enfrentaron a policía onte en Santiago. Quenes me sigan habitualmente saberán que para mín o importante e falar, o cal fago as veces en galego e as veces en castelán, cousa na que influiú a visita que tiven neste bloge dun amigo de Milán, que coincidiu ca visita dun mozo venezolano. I eu que sondelugoynoloniego o que me comprace por riba de todo é comunicarme con persoas. Sexan galegas ou non. Isto é a meu particular homenaxe, o tempo que me solidarizo. A min tamén me hubera alporizado si me cruzo co ignorante que disfrazado de vaca portaba a seguinte pancarta: “el gallego es para hablar con las vacas”. Imbécil, ti seguro que non entendes a linguaxe das vacas, nin das pitas, ni dos cochos e o que é peor: na tua cacholiña non entra a idea de caos bechos haxa que saber falarlles. Por iso mesmo non comento mais. Pero está clarísimo que eso é unha provocación…e non me gusta. Agoira malos tempos.


O caso foi que intres despois funlle a preguntar o meu amigo Pablo unha argallada do coche. Pablo é, a moita honra, mecánico. Fálame de política cas maos cheas de graxa, pois é mecánico a antiga. Pero fala con senso. Pero aínda que están cheas de graxas estan limpas. As veces estamos dacordo e outras non. Pablo sempre estivo vinculado o mundo sindical. Pablo é de esquerdas porque está en desacordo ca política que levou a cabo a direita nos decenios que nos gobernou. As veces sin contar moito connosco. E neso paréseme moito o meu finado tío Anxel, cuia historia paso a contarvos.

Ma contou él mismo, polo que esto ten algo de homenaxe. Nos anos da Guerra (36-39), Anxel era un rapaz forte, con un atractivo look, no que non fallaba un discreto bigote. Anxel era zoqueiro, actividad que trocaba en clarinetista os días de festa. Él e os seus irmáns tiñan un quinteto de nome “Os Montes”. O meu pobre tío pasou os anos da dictadura co inri de ser “comunista”. Nembargantes, esto pode ser dudoso. O que non é dudoso e que él o pasou mal, realmente mal. O morrer eu teño que ir para o ceo … pois no inferno xa estiven toda a vida, gustaba de bromear.

Era mozo, de cerca de Santa Olaya de Bóveda. E unha noitiña indo cara a casa nas aforas de Lugo, no lugar coñecido como As Arieiras, parou a mexar. De súpeto descubriu na noite un montón amorfo que se movía. Él achegouse e viu que eran moribundos que habían paseado minutos antes. Anxel acercouse a ún e lle preguntou:

- ¿quen vos fixo esto?

- os nacionales.

I él, naquel mismo intre se fixo roxo. Pero gustaba decir que sería o contrario si huberan sido os outros. A Anxel lle doía a inxustiza, e por eso nunca foi un convencido da sociedade franquista.

Pablo sempre sentiu o aldraxe que supoñía o enchufismo. Como a direita gobernou moito tempo, él pensaba que esa maneira de gobernar, era propia da direita. De feito houbo tempos en que ese era a mensaxe das forzas –que creíamos- progresistas, que daquelas berraban pola rúa “Non o caciquismo”. Cousa que ca sua chegada o bipartito, esvaeceuse. Como tamén esquenceron o prometido respecto o benestar dos maiores, que non inventou nada: continuou a tradizón fraguista da “merendiña”. Esquenceron cas autovías constituían unha “navallada” a orografía galega. Tamén esquenceron co do monte Gaiás era un sinsentido co que había que rematar. Calquer forza política posible nos nosos días, pasa da algarada vociferante, a posuir cando alcanza o poder, unha flema dun monarca hispano que estivo casado con unha inglesa: “sosegaos”, decía ante calquer iracunda reivindicación. Non hai direitas nin esquerdas, hai poder e oposición.

Cando Pablo constata cos fillos dos outrora compañeiros vanse colocando ben, cando Pablo constata de cas cousas siguense facendo mal. Pablo, ante o meu comentario dos escanos de marras dí:

-pois malegro porque eu non lles vou votar. Coincidimos en que o conselleiro mellor era sin duda algunha Fernando Blanco. Tamén estivemos dacordo na valía de Paz Abraira…pero eso non chega.

O que esto suscribe, o meu difunto tío Anxel, e Pablo, CREEMOS nas ideas. Ilusos nos chaman.

No hay comentarios:

Publicar un comentario