Vistas de página en total

lunes, 5 de marzo de 2007

O BNG e a súa circunstancia.

E fago expresamente esta mención a Ortega para darlles no fígado. Eles sempre decían que Ortega era de direitas. Hoxe vexo eso coma unha imbecilidade. Pois sendo asi, isto non é óbice para que non teña razón. Ainda que sexa recurrente na dialética da esquerda (e tamén por desgracia da direita) negar as argumentaciòs da xente que non conparte o seu ideario político. Porque co paso do tempo imos vendo que o Bloque é, como la donna qui é mobile e por tanto mutta d´acento e di pensiero,(e supoño que me entenderá toda a xente)tan só matizar en que eu non teño nada que ver ca autoría desa canzón que no elitista mundo da ópera se chama aria. Certo en que é un alegato machista ma ...e bella. A naide se lle escapa que mobile e voluble. E a actitude dos compañeiros, dos camaradas é tamén mobile. E insistir neso e unicamente o que pretendo. Suliñalo (palabra que me encanta) Preso da súa circunstancia (Ortega) que hoxe por hoxe é a permanencia no poder, a situation do BNGa tamén é mobile. Co cal ya temos corroborado empíricamente o primer axioma. Se está tan quentiño o lao da lareira. I eu recordo coma o xove Napoleón falaba nos salóns parisinos de que para íl un trono non era outra cousa que unha silla e despois (confirmando que él tamén era móbile)faise retratar, con moita pompa et boato por David no seu casorio cunha aristócrata austriaca. E co cura ali diante, como medium entre deus, que daquela elixía os nosos mandamases. Pasou do cura e coroouna él mismo emperatrice. En lugar de pola gracia de dios, pola gracia do sire.

Tras estas reflexiós, só vou apuntar duas cousas. Eu, que peguei carteis do Bloque (servizo que non me pagaron) cando pedían o regreso dos emigrantes -oh tempora!- Eu, que falo dende o desencanto. Pero a erupción ten unha orixe:

O primeiro que me chama a atenzón e que hai tertuliano radiofónico local do que son asiduo e iste defende as ideas do Bloque. Pesia ser unha forza política "nova", sin convencionalismos, sin argucias na fala, ca transparencia optima de pensamento él gusta moito de introducir no seu dicurso elementos coloristas, e que millor que unha interrogante retórica. Axuda a continuidade do discurso. Verdade?. I eu me acordo dos tenros profesores de relixión, hoxe tan cuestionados. Eso delata que estudou no Seminario, e agora quere inventar unha nova relixión, en un plia-plas, un novo ordo sacerdotal. Recordame as celebraciós e culto o Ser Supremo?? Falando de Maximiliam de Robespierre tamén tivo un periplo similar, no senso que un cura foi o seu mayor protector (o que ven a confirmar que Robespierre tamén foi mobile). Chamádeme tolo. Aquí lévase ir contra todo cando non se goberna -para ampliar a base social dos votantes-, pero a cousa cambia cando se detenta o imperium. E esta recente a resolución xudicial contra os profesores de relixión. Queren voltar a limpeza do sangue. E despois véñennos vendendo a aconfesionalidade do Estado.

Este repetabel cidadán e tertuliano sorprendeume o outro día defendo a presenza de un GARDA MUNICIPAL a saída dos institutos e colexios para gardar a orde. Repito: gardar a orde. Chegou a falar de acracia, co cal se confirmaban todas as miñas sopeitas, saíalle o curiña que todo seminarista leva dentro. Mais él, que protestou e fixo critica do poder dos bedeis do instituto (chamáballes antes fascistas). I era certo pois eran xubilados que proviñan do corpo de Garda Civil. NON ME VEÑA CON ESAS LERIAS.

Xa pasando o xeral temos dúas dramáticas conclusiós: o da Cidade do Cultura leva todo o camiño de converterse nun tango definitorio desta lexislatura. Non vou a comentar nada, ¡que lles dean! si lles dou unha boa idea, das cales ando sobrado, son capaces de copiarma, sin pagarme o copirai. Pero o que dí deles e que non exercen o poder, (o menos non o exercen de maneira distinta os anteriores- y a los hechos me remito- ). Vamos que non teñen nin puta que facer con eso pero la nave va ...si artistas son moito. Coma Fellini. A historia os persigue agora en forma de "laiser faire, laisser passez". Pero Fellini non iba de potente i honestior.

O de Reganosa e outra aposta infumable de ese Conselleiro que chegou tan alto, como dixo unha atleta lucense, por se parecer a George Clooney. Dirixe a Conselleira de Innovación e sempre anda ca promoción de Camiño de Santiago, igualiño cos anteriores que moitas tiveron que oir. As veces ten tempo para inaugurar algún Eroski. Lee o discurso e o final exclama, anda la ostia! Para min, que queredes que vos diga non teñen moito de innovación os inventos estes ... e nembargantes tiveron o seu momento aló con Alfonso VI, Adefonsus XII, Fernando II ...et alios ca miña ignorancia esquence. Daquela sí era innovación. Eles, rapazes de esquerdas tamén ansían misturarse co sangue regio, pero saen con cara de cú na transfusión.

Pero o que me leva a escribir esto -la gota que kolma el vaso- son as derradeiras declaraciós de Anxo Quintana - sí, o ATS que iba para futbolista- sobre a muralla, símbolo inequívoco dun pasado de dominazón imperialista pero agora é a galiña dos ovos de ouro para a cidade: Agora non fala de derrubala, -naide dí que volten os emigrantes-, cousa reincidente co dito monumento, agora nos trata de parvos e os de Lugo nos dí que temos unha galiña que pon ovos de ouro -non especifica os kilates- como nun conto dos irmans Grim. Nós que somos os derradeiros de España en desenvolvemento industrial, os derradeiros no prezo que alcanza o metro cadrado de edificación, e así....

Ata Jorquera, o jacobino, o cal adoitaba escoitar nas Asambleias da Facultade, agora fala do convinte que sería na sociedade galega que apareceran revistas papel cuché. Eso é a democracia. Igualar por baixo. todos igual..de pailans.


E vos sodes de esquerda?? E qué é a esquerda? Qué relacion ten cos vasos comunicantes de Arquímedes. Eu sempre serei un anti sitema(é un decir; que me dean un cargo bo e xa verei)

Pequeno manifesto

Pero non duden: o que está a facer o PP terxiversando todo co gallo do caso de de Juana tampouco ten nome. Resulta indigno e condenable que uns tipos esgrimen en Lorca unha pancarta que dí ( en Lorca joder tiña que ser en Lorca) "ESPAÑA UNA Y CATÓLICA" Eso a mín dame medo ... pero Ana Pastor fala do direito da xente a manifestarse. Coño, coma agora os bispos saen a calle para pedir que se liberalice a ensinanza. Eles, que durante os séculos que tiveron o monopolio fixeron grandes avances no tema. É bochornoso que un partido como Falanxe que estivo detrás de moitas mais mortes que Eta non esteña ilegalizado. Non se entende salvo que don Antonio Machado reviva os seus tristes últimos días. ¿Hacia onde imos don Antonio?. No horizonte vexo negros agoiros.

A modo de conclusión: a política afastase definitivamente do cidadán e son conscente da gravedade disto. Doéme decilo.


pakokabarcos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario