Vistas de página en total

viernes, 6 de junio de 2008

LUGO: o definitivo ombligo do mundo

Comentaba hoxe ún na prensa que si ben non nos tocou ir de adiantados nin ca primeira chegada de ferrocarril, tampouco nos toca ca segunda - que é a do AVE-. Pero pesia a todo, e costume dicer que trocamos sempre para millor. Efectivamente, os tempos cambian e con eles os nosos representantes en Madrid -ahora moito millor vestid@s, no cal terá que ver o puxante textil galego-. Pero o retraso na chegada do ingenio a estación de Lugo nambos casos e de circa medio século. Invariable como unha Ley da Termodinámica. Polo que os nosos representantes están suficientemente preparados. Realmente tienen un hablar muy engolado y distinguido, que transluce el estudio/a.

Pero ise pequeno detalle non é óbice para minusvalorar a terra e as xentes luguesas. Sin incidir demasiado no que foi esto en época romá, cousa na que todolos especialistas están d´acordo. Foi a ostia. I este texto avanza que está a ser revivido (tal Renacemento). E cuestión de tempo.

Paque vexan, e sirva de exemplo: sin ir mais lonxe, nunha recente exposición de artistas lucenses ( os da urbs e os rustici) se palpa que en iste mesmo enigmático locus ferve o intelecto o son da máxica gaita, entre alcoólicos vapores de taumatúrxica queimada. Porque senon ¿cómo se entende que haxa en Lugo mayor número de artistas vivos que todolos artífices que consegue reunir G.Vasari en torno o difuso nome de Renacemento Florentino?. Hai xente cercana a Quin que fala da influencia da celtismo telúrico no desenrolo desmadrado que conleva esta actividade febril. E posiblemente os tiros vaian por ahí. Tantos maestros das diversas artes!. Co seus aprendices, telas e demais unguentos. Cos seus talleres dados de alta no IAE do Concello (non ha tío pasame el río)). Vasari, na sua caduca e cativa visión da Historia do Arte lembra 88 famosos, que escomenzan con Cenni Cimabue. Constituye unha ristra de famosos que parecen responsables dun tal Renacemento. Algo que pensariamos importante e aristocrático senon fora porque na devandita exposición -aquí, en Lugo- hai cento e ún artistas. Pero ainda hai mais que calquer mente lúcida descubre cando mira que Vasari percorre si non recordo mal tres siglos i en Lugo se mostra a derradeira fornada, con apenas dous que pasan a cincuentena... e non vamos por ahí amolando. Cando e tan sóo cousa de tempo que no eido artístico falarase de Lugo e non dos Pisano, dos da Umbría, dos Lombardos ou de Perico dos Palotes.

Xa estamos fartos

Pero sobre todo, por riba de todo, tan sóo queremos que se recoñezca o feito xenuíno que tan sóo 800 anos despois de que Marco Polo albiscara unha oportunidade de negocio na China -sin dúbida porque tiña informazón privilexiada-, Lugo tamen as viu. Van cambiar as tornas. Temos ventaxa, é conosciuto que Lugo está hermanado con China ... non en balde posúen as duas murallas completas que se conservan no orbe, cuasi ex novo. I esto manda chover na Habana. Onde é unha nimiedade antipatriota - e moi propia da xente de direitas- o feito que a de China ten dous ou tres mil kiliometros -tamaño debido a que hai moitos chinos e polo tanto moito paro - e a nosa dous mil trescentos metros o cal non esá mal. O Concello mostrándose sensibel o pulo dos empresarios locales, un pouco APRETADOS pola situazón económica global decide, con cargo as arcas municipais, organizar unha viaxe comercial a China, a antiga Cathay. Pero o mais sorprendente e que vai presidida polo sr Alcalde, home bizarro onde os haia. Home que non lle importou deixar a cálida e doce vida de docente -xa o dí a verba- para saltar a corrente que remata xeralmente en abrupta cascada da pulítica. A comitiva é un fervelle fervelle de ideas. Así por exemplo Martínez, ún dos prohomes, fala de recuperar o Galeón de Manila e o momento levántase Raul mostrando o seu interese en explotalo. A este non hai quen lle meta mao nesto do transporte discrecional. O poeta González, que tamén exerce de sarxento da Municipal, recentemente nomeado oficialmente Vate Municipalis, fala da importancia que ten para Lugo de ubicar in situ os escenarios da ópera Il Teuzzone de Vivaldi, pois él está a traballar na composición dun poema de tema homónimo, que lle encargou a Diputación, cuias fotos lucirían moito nun tríptico explicativo, feito como non, ad hoc. Creo que para esa labor buscan a un fotógrafo que fale chino (hai moitos fotógrafos vidos de todas partes do mundo). También va el Decano Don Carlos Herrero, con el Coro Universitario detrás cantando el Gaudeamus. Ca súa presenza garante a dignidade da embaixada, dalle lustre, imperium.

A min nunca e me ocorrería plantexarme semellante disyuntiva pero creo que foron os Incas os que non sei porquè sinalaban a Cuzco como ombligo do mundo, o mesmo cos gregos situaban en Olimpia, do cal se colije que todo é relativo, ou de que hai tantos ombligos coma pobos. Como pode ser o día de mañá se fale, con distancia, que hubo un tempo en ca arte se asociaba o pequeno villorio florentino. Será cuestión de agardar pois segundo o razoamento exposto anteriormente todo apunta a que é -o de Lugo- un destiño do que non podemos zafarnos (safarnos dirían en Ribeira). SEREMOS COMA ELES. Sin discriminaciôes. Hai que escrutar o voo das AVEs...e estar alerta. E cuestión de tempo co mundo que hai mais alá do noso castro recoñezca que Lugo é o definitivo ombligo del mundo. Sí, así como soa. Maxestuoso.




Este onírico relato parte dunha nova na prensa (e que eu me creo todo): o viaxe-embaixada a China, que xunto a nova do hermanamiento son sucesos reales.

No hay comentarios:

Publicar un comentario