Creo cuestionable a éxito que perseguides ca vosa acción reivindicativa, pero cómo non? a apoio.
Noticia na Voz de Galicia
Me solidarizo con vos pero insisto en vos meteron nun calexón sin saída. I esto levo suliñando polo menos fai un decenio ante a incomprensión dos meus amigos e coñecidos. Vos ataron cortos, i eso unha/un galeg@ non se deixa. Pero o mercado, isa prostituta, enganouvos. Seduce a calqueira. Sempre é rendible vender fume.
Porque foron os vendedores de complexos e caros sistemas de ordeño, os que venden inseminaciós, con millora xenética incluída, cos que venden diversos aperos agrícolas e tractores de 15 millóns (é igual en pts ou €, é unha burrada). Esquencemos fixarnos na procedencia, eran marcas foráneas.
Vendérovos soños envoltos nunha lingoaxe técnica e vos entregastes a sabidoría milenaria da nosa cultura popular labrega. Desprezastes a rubia galega mentres mercabais no estranxeiro charolesas, Holstein, frisonas. Vacas que producen 10 veces mais ca nosas, pero como dicía a miña nai dunha leite que non se pode comparar. É a miña nai non ten carreira, ten lóxica. I eso abonda. A paisaxe mutou nestes anos...para peor. Aínda paro o coche cando vexo pastando a unhas vacas rubias....qué espectáculo!.
Pero esta situazón non interfería ca miña ledicia cando durante a miña vida laboral activa me invitábais ufanos a sentarme na cociña a beber algo, e sempre insistíais en que había baño e todo· Eu tiven que deixar de ir a miña aldea porque a miña nai non podía porse en crequenas na corte para o seu alivio. I eso -esa nova sensación- aledábame. Pero o tempo entristecíame. Non veía bos cimentos, éstos baseábanse no baixo prezo do penso composto, e io prezo que daquelas pagaban pola leite. Daquelas. E a xente hipotecábase por decenios, i esto a mín, soábame a cousa desacougante, incerta, que podía xerar unha esaxerada dosis de ansiedade vital, como así se está rebelando.
Cando a ún llle propoñen un negocio tan evidente non debíamos ter vergoña de desconfiar, eso tan galego. Debiamos decir: "faino tí" De feito bastoulles subir o prezo do penso e baixar as industrias _-maiormente estranxeiras, da misma área dos que nos vendían o progreso en forma dos mais sofisticados e caros aperos- o prezo da leite...e xa está escarllado o inxenio. Xa estamos os pés dos cabalos. A UE foi cómplice, subvencionando peches das explotaciós. E nós pensábamos que eran parvos.
Xa é tarde para debatir, demasiado tarde para enderezar o rego. E certo que sempre mantiven unha postura que moitos amigos chamaban recalcitrante pero non era tal. Eu sóo quería por o meu coñecemento a disposición do benestar da miña terra e das súas xentes...examinando os cimentos do feito, a veracidade do discurso. Partindo do axioma de que naide da nada. Impepinablemente naide da nada a cambio de nada. Estábamos a ser invadidos e nos pensábamos na morea de beneficios que íamos atesourar.
E qué podía saber un de letras?. Eu sóo sabía que no século XVII e XVIII a povoación rural inglesa pasou do 60 o 5% co gallo da Primeira Revolución Industrial. Para compensar deulles en provisionar o mercado de productos agricolas con cousas traídas de Holanda, que pronto se especializou en satisfacer ista demanda. Volvendo aquí, estranábame que eles foran a colaborar no noso espertar económico, cousa que levemos agardando desde os tempos de Breogán. Eles nos animaban a meternos nun negocio no que eles nos levaban 200 anos de vantaxe. A cousa soaba a fodenda. A mín isto chocábame, por lóxica.
Non comparto co economista-galeguista de referencia, X M Beiras o seu punto de vista do particular, como é evidente. Estou certo que él verá o problema doutro xeito. Pero botamos en falla daquela a voz desa élite intelectual e política que debía por a xente en alerta, ... salvo que eles tamén foran comprados, como os dirixentes políticos daquela.
Sei que é un dessbarre, pero é a única cousa que se me ocorre. Dóeme Galiza.
Pero si vos credes que isto vai valer para algo....alá vos (engadido o 8 Dic).
No hay comentarios:
Publicar un comentario